Bloque Nacionalista Galego (BNG) | |
---|---|
Fronte de partidos políticos de Galiza | |
Dirixentes e organización | |
Portavoz Nacional | Ana Pontón |
Mocidades | Galiza Nova |
Filiación internacional | Alianza Libre Europea |
Historia | |
Fundación | 1982 |
Precedido por | Bloque Nacional-Popular Galego |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Nacionalismo galego Soberanismo[1][2] Socialismo Ecoloxismo[3] Pacifismo[4] Feminismo[3] |
Posición política | Esquerda |
Representación | |
Parlamento de Galicia | 25 / 75 |
Congreso dos Deputados | 1 / 350 |
Senado | 1 / 266 |
Parlamento Europeo | 1 / 61 |
Deputados provinciais en Galicia | 15 / 108 |
Alcaldías en Galicia | 36 / 313 |
Concelleiros en Galicia | 590 / 3.721 |
Outros datos | |
Sede | Avda. Rodríguez de Viguri, 16-Baixo, 15703 Santiago de Compostela |
Publicación | BE-NE-GÁ ao día |
Na rede | |
bng.gal | |
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Defínese, desde o punto de vista organizativo, como unha fronte de partidos e sitúase na esquerda do espectro político. O BNG tiña, en 2018, 7.800 militantes,[5] e 591 concelleiros e 36 alcaldes en 2023[6] en diversos concellos de Galiza. Logo das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o BNG ten 25 representantes no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda Paz).[7]
A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence. O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova.
Na construción do noso discurso “nacionalismo”, “esquerda”, “feminismo”, ecoloxismo”..., non deben ser entendidos como unha xustaposición de elementos que conforman o noso ideario(...)